Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apróbanse por maioría os terceiros presupostos de Sánchez

Apróbanse por maioría os terceiros presupostos de Sánchez

A norma contou con 187 votos a favor, 156 en contra e a abstención do BNG

O presidente Sánchez celebrou estes presupostos como unha vitoria do "entendemento entre dispares"

EFE/ Kiko Huesca
G24.gal 24/11/2022 08:34 Última actualización 24/11/2022 20:44

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, celebrou este xoves a "vitoria do entendemento" que supón a aprobación do proxecto de lei de orzamentos no Congreso.

A lei contou co respaldo de dez partidos, con 187 votos a favor.

"Quero amosar a miña satisfacción por esa política útil que creo que é máis necesaria ca nunca e reivindicar que nun contexto tan difícil como o que estamos, o que primou foi a vitoria do entendemento entre dispares. Non é unha vitoria fronte a ninguén senón fronte aos desafíos que ten por diante a sociedade española", dixo o presidente.

Eses son os terceiros presupostos do Goberno de coalición, os últimos da lexislatura. Os socios da investidura permitíronlle de novo ao Executivo sacar adiante as contas públicas cunha maioría folgada.

 "Agradézollelo aos grupos parlamentarios que antepoñen o interese dos cidadáns aos seus intereses particulares ou partidistas", dixo a ministra de Facenda, María Jesús Montero.

Esquerra Republicana foi o último en confirmar o seu apoio. Os cataláns admiten que non conseguiron todo o que pretendían na negociación, pero apelan ao voto útil.

"Tamén queremos, e iso é que o facemos, militar na utilidade", dixo o voceiro de ERC, Gabriel Rufián.

PNV, Bildu e outros cinco partidos rexionalistas votaron tamén a favor.

"Estamos moi satisfeitos do acordo acadado. Cremos que é un acordo moi bo para toda a xente" dixo Mertxe Aizpurua, de EH Bildu.

"Esta maioría progresista ten moi boa saúde", engadíu Joan Baldoví, de Compromís.

Desa maioría descolgouse o BNG, cunha abstención, e o deputado de Teruel Existe, que votou en contra. Igual que Ciudadanos, Vox e o Partido Popular.

"Cremos, sinceramente, que van ser unha hipoteca para os españois, unha oportunidade perdida", afirmou Elvira Rodríguez, do PP.

Os populares argumentan que non son os orzamentos xerais de todo o Estado, polas cesións, din, do Goberno aos independentistas vascos e cataláns.

Alberto Núñez Feijóo criticou duramente estes presupostos. Criticou, especialmente, esta suba de impostos que non contribuirán, di, nin a rebaixar a inflación nin a recuperación económica do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade