Pneumonía bilateral, así é a enfermidade que mantén hospitalizado o Papa
Cando o paciente ten unha idade avanzada poden xurdir as complicacións
Cando se fala de pneumonía bilateral o que isto significa é que os dous pulmóns están infectados. Pode ser debida propiamente ao virus que provoca esta alteración no pulmón ou ben que unha pneumonía anterior ou unha infección vírica máis leve sobreinfecte o paciente con outro tipo de xerme e este sexa o que produce a pneumonía bilateral.
O diagnóstico, como no caso do papa, realízase con probas médicas, pero ás veces xa hai certos síntomas como son a febre, tose, dificultade para respirar ou malestar xeral que poden poñer sobre o aviso.
Nos casos máis leves non é necesario o ingreso hospitalario, pero cando o paciente ten anos é onde poden xurdir ás complicacións. Porque teñen outras patoloxías asociadas, cardiopatías asociadas á idade, ás veces patoloxías do pulmón, por problemas previos, e este tipo de infeccións pode agravar aínda máis a lesión previa que teña o paciente.
En España, cada ano hospitalízanse uns 150.000 casos de pneumonía.