Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos e Sumar seguen sen chegar a acordo no mesmo día en que termina o prazo

Podemos e Sumar seguen sen chegar a acordo no mesmo día en que termina o prazo

A formación de Belarra leva ao límite as negociacións pedindo aval á militancia para decidir

Na última proposta pedían ir en solitario en Valencia, pero Sumar non acepta  

O coordinador nacional de Podemos Galicia di que haberá candidatura de unidade con Sumar en todo o Estado

G24.gal 09/06/2023 08:02

Esta mañá coñeceremos o que decide a militancia de Podemos sobre o pacto con Sumar. Se confían na dirección para que tome a decisión final que considere oportuna. Con este referendo pretenden ter as mans libres para decidir ante a presión de varias direccións territoriais, que lles pedían rebaixar esixencias para conseguir o acordo. E ante a complexidade da negociación. 

Un dos escollos está en Valencia. Podemos propúxolle a Sumar presentarse en solitario nesa comunidade ante a evidencia de vetos, din, por parte de Compromís. E ir en confluencia no resto de España. Pero Sumar non acepta. 

E outro punto de fricción sería a situación de Irene Montero. Unha das principais referentes para o partido morado á que, segundo transcendeu, outros axentes da negociación non queren concederlle un lugar destacado na listas.

Mentres, Sumar vai collendo forma con outras formacións.  Dos 15 partidos cos que iniciaron negociacións xa integraron oito, entre eles Más Madrid, Izquierda Unida ou Verdes-Equo. 

Con ou sen Podemos, terán que rexistrarse antes da medianoite. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade