Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos Galicia quere acudir ao acto de Sumar do 2 de Abril con Yolanda Díaz

Podemos Galicia quere acudir ao acto de Sumar do 2 de Abril con Yolanda Díaz

Desmárcanse así das actuais intencións da dirección de Podemos con Ione Belarra á fronte

Acto de Podemos Galicia en Santiago
G24.gal 26/03/2023 15:37

Cando falta unha semana para que Yolanda Díaz lance oficialmente a súa plataforma electoral Sumar, os representantes de Podemos Galicia insisten na súa intención de acudir a este acto de apoio á vicepresidenta segunda do Goberno. 

Coincidían este domingo en Santiago o actual líder da formación morada en Galicia Borja San Ramón e Antón Gómez Reino, man dereita de Yolanda Díaz en Madrid.

Nese acto, Borja San Ramón desmarcouse das directrices de Ione Belarra e insiste na súa intención ir ao acto no que Yolanda Díaz escenificará a posta en marcha de Sumar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade