Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos sofre un ciberataque que provoca o roubo de datos de inscritos e das contas do partido

Podemos sofre un ciberataque que provoca o roubo de datos de inscritos e das contas do partido

A policía investiga a orixe do hackeo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 28/03/2024 19:22

Podemos sufriu un ciberataque que provocou a fuga de datos persoais dos rexistrados e tamén outros de xestión económica do partido e que está a ser investigado por axentes o Grupo de Investigación Tecnolóxica da Brigada de Policía Xudicial de Madrid, segundo adiantou elDiario.es.

A IP desde a que se orixinou o hackeo sitúase en Moldova, aínda que os investigadores corroboraron ao citado medio que podería tratarse dunha manobra para "enmascarar a auténtica orixe".

Ao parecer, a formación violeta tamén informou sobre este roubo de datos á Axencia Española de Protección de Datos aínda que a documentación roubada non parece estar relacionada con asuntos de índole política ou de estratexia e descoñécese polo momento o interese dos atacantes e o destino final dos datos subtraídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade