Publicador de contidos
Publicador de contidos

A política migratoria xera discordia entre os líderes europeos

A política migratoria xera discordia entre os líderes europeos

Os líderes esperan un consenso despois do bloqueo de Polonia e Hungría en migración

A cuestión da China, enriba da mesa, a quen os europeos ven a un tempo como socia e rival

G24.gal 30/06/2023 10:32

Os líderes da Unión Europea continúan os seus debates sobre migración na segunda xornada do cumio en Bruxelas.  

Non foron capaces de poñerse de acordo sobre a espiñenta cuestión da inmigración irregular no primeiro día. 

Non concordan nin sobre como deter o fluxo de migrantes nin sobre como repartir de forma máis xusta a acollida de refuxiados. 

Hungría e Polonia mantiveron espertos aos seus colegas durante longas horas ao insistir en volver ao principio do consenso, en lugar de impoñer unha solidariedade vinculante en política de migración e asilo.

Todos coinciden no principio de solidariedade vinculante e na dimensión exterior da política de migración e asilo da Unión Europea, pero non en como se deben aplicar eses principios.

Tamén teñen previsto abordar principalmente a relación coa China, a quen ve a un tempo como socio e rival, nun momento de tensión entre Pequín e Washington. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade