Ponse en marcha o teléfono 028 para atender as vítimas de LGTBIfobia
Ponse en marcha o teléfono 028 para atender as vítimas de LGTBIfobia
Estará dispoñible 24 horas todos os días do ano para ofrecer un servizo de atención integral
Fai referencia ao 28 de xuño, o Día do Orgullo LGTBI
O Ministerio de Igualdade puxo en marcha o Servizo 028 Arco da Vella, un teléfono de información e atención integral para asistir as vítimas de delitos de odio e discriminación por LGTBIfobia.
O servizo estará dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano. Ademais, será accesible para persoas con discapacidade auditiva ou da fala. Os usuarios poden ser atendidos en castelán, galego, éuscaro, catalán, inglés e francés.
As chamadas serán de balde e confidenciais. Pero tamén se pode acceder ao servizo por correo electrónico 028-online@igualdad.gob.es e dun "chat" en liña.
O equipo de profesionais ofrecerá unha asistencia psicolóxica e xurídica ante casos de discriminación ou delitos de odio; pero tamén, atenderá dúbidas e inquietudes relacionadas coa orientación sexual, a identidade de xénero ou as características sexuais.
O número 028 fai referencia ao 28 de xuño, o Día do Orgullo LGTBI, para que "sexa máis fácil recordalo", segundo o ministerio.