Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ponteareas prepárase para o Corpus

Ponteareas prepárase para o Corpus

26 alfombras florais encherán de cor as principais rúas do centro de Ponteareas

Esta festa, de interese turístico internacional, volve tras dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia

Este ano están convidadas catro delegacións, dúas deles, Teruel e A Arxentina, fano por primeira vez

O Corpus de Ponteareas volve cun percorrido olfactivo para as persoas cegas

G24.gal 18/06/2022 21:42 Última actualización 18/06/2022 22:04

Será unha noite longa, quizais moitos alfombristas reciban o día en plena rúa.

Nos portais, unha vintena de asociacións ultiman os preparativos finais antes de confeccionar as alfombras. 

Levan xa moitos días de traballo duro. Xa o teñen todo preparado pero hoxe toca cortar as flores, sen dúbida as plantas máis delicadas de todo este proceso.

Traballarán moi pendentes do ceo, ante a previsión de chuvia.

Porque en Ponteareas hai moitas ganas de celebrar o Corpus, tras dous anos sen festexalo por mor da pandemia segundo nos conta o propio concelleiro de festas e eventos, Miguel Bouzó.

"Pois xa estabamos desexando que esta festa, de interese turístico internacional, volvese tomar as rúas de Ponteareas e a enchernos de beleza e cor e dese arrecendo incomporable".

As novidades deste ano son dúas das catro delegacións invitadas. A Monção e Tenerife súmanselles Teruel e A Arxentina. Tamén será unha festa inclusiva, na que unha delegación da ONCE confeccionará a súa propia alfombra e ademais haberá un percorrido olfactivo para as persoas invidentes. Todo está engalanado para recibir o Corpus en Ponteareas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar