Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra xa bule coa gran cita do tríatlon mundial

Pontevedra xa bule coa gran cita do tríatlon mundial

Javi Gómez Noya e Kristian Blummenfelt, xuntos nun evento previo á Final das Series Mundiais: "Será unha das finais máis espectaculares dos últimos anos"

Gómez Noya e Blummenfelt, campión mundial e olímpico, esta tarde en Pontevedra
G24.gal 19/09/2023 21:33 Última actualización 19/09/2023 22:00

Este venres comeza o espectáculo do tríatlon na cidade de Pontevedra. A final das series mundiais. Esta tarde estivemos con gran campión, Javi Gomez Noya.

O pentacampión do mundo non competirá na gran cita do Lérez, será espectador e anfitrión. Esta tarde participou nun dos actos previos ó evento desta fin de semana, xunto o actual campión olímpico e campión mundial, Kristian Blummenfelt.

O ambiente xa se nota na cidade de Pontevedra. Gómez Noya agarda unha das finais máis espectaculares dos últimos anos porque o ano que vén hai cita olímpica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade