Publicador de contidos
Publicador de contidos

Por primeira vez, instalacións termais reciben o selo de Galicia Calidade

Por primeira vez, instalacións termais reciben o selo de Galicia Calidade

A Xunta destinará 8 millóns de euros para crear novos establecementos e mellorar os actuais

G24.gal 11/12/2024 16:10

Tres instalacións termais reciben o selo de Galicia Calidade. Son os tres balnearios que Caldaria ten en Laias, A Arnoia e Lobios.

Alfonso Rueda anuncia que o ano que vén a Xunta destinará 8 millóns de euros para crear novos establecementos e mellorar os actuais.

O proxecto de Caldaria naceu hai 30 anos co obxectivo de ofrecer servizos turísticos e sanitarios de calidade e, ao tempo, dinamizar a economía do rural.

Hoxe empregan 150 persoas nos balnearios de Cenlle, Arnoia e Lobios, os primeiros certificados co selo de Galicia Calidade.

Alfonso Rueda asegura que a Xunta seguirá apostando polo sector e anuncia un novo plan termal para o 2025, dotado con 8 millóns de euros para potenciar a imaxe de Galicia como destino balneario en Europa.

Galicia é a comunidade con máis establecementos termais. Aquí están o 21 % dos balnearios de España, seguida de Cataluña, co 17 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade