Portugal adéntrase no estado de calamidade con confusión na fronteira
Portugal adéntrase no estado de calamidade con confusión na fronteira
O estado de calamidade é unha figura xurídica para poder aplicar certas restricións
A comunicación tan confusa das restricións por parte do Goberno luso afectou á vida da Raia.
Hoxe Portugal activou o estado de calamidade. Unha figura xurídica que lle permite aplicar restricións sen ter que aprobar o estado de emerxencia, o equivalente ao estado de alarma español. Entre esas novas restricións está a de pedir pasaporte Covid na fronteira terrestre.
Os nosos veciños nestes momento, tal e como están as cousas, pídelle aos galegos que entren no país por estrada só o pasaporte Covid. Pero é unha medida á que teremos que estar atentos porque nos controis que vimos hoxe tanto no Miño como na Raia seca de Ourense, os axentes da Garda Nacional pedíanlle aos cidadáns franceses ou alemáns ademais do pasaporte covid, unha proba negativa de antíxenos ou PCR para pasar.
Eses dous países están en risco alto e polo tanto entran na restrición imposta polo Goberno luso. España está en risco medio e por iso aos galegos só nos piden estar vacinados para entrar. Trátase dunha situación que podería cambiar nos vindeiros días cando se emita o novo mapa de incidencia e que faría mudar e moito as cousas na fronteira.