Portugal mantén a máscara en interiores esta Semana Santa
Portugal mantén a máscara en interiores esta Semana Santa
A norma vaise revisar o vindeiro día 18
Portugal volve ao alto risco debido ás mortes por Covid-19
Dende sempre Portugal é un dos destinos preferidos na Semana Santa. Despois de dous anos de pandemia, estes días os nosos veciños agardan a chegada de miles de galegos, así que é bo saber que restricións están aínda vixentes.
As cousas non van ser moi diferentes a estar en Galicia porque a única restrición que a maioría dos viaxeiros van percibir é a de ter que utilizar máscara en interiores. Na hostalería xa non se piden certificado covid, iso si, si se esixe ao chegar en avión a Portugal.
Todo apuntaba a que a estas alturas nin sequera ía facer falta a máscara, pero os datos mantiveron en risco o país e a situación aínda foi a peor porque se vai revisar a norma a semana que vén e a cifra de falecidos por Covid estes días non está sendo boa. Así as cousas, todo apunta a que Portugal continuará coa máscara cando en Galicia xa non faga falta.