Publicador de contidos
Publicador de contidos

A poboación de São Jorge, nos Azores, teme unha erupción volcánica inminente

A poboación de São Jorge, nos Azores, teme unha erupción volcánica inminente

Dende a fin de semana pasada rexistráronse case 13.000 pequenos tremores

O presidente de Portugal viaxa á illa e di que, polo momento, non hai perigo

1200 persoas xa fuxiron da illa
G24.gal 27/03/2022 13:20

A illa de São Jorge está no arquipélago dos Azores, a máis de 1.600 quilómetros do Portugal continental. A zona rexistra desde a fin de semana pasada unha intensa actividade sísmica, con case trece mil pequenos tremores rexistrados.

Fuxiron 1.200 persoas nas últimas horas

São Jorge ten pouco máis de oito mil habitantes, dos que case cinco mil están no concello das Velas, o máis afectados polos sismos e de onde saíron nas últimas horas arredor de mil duascentas persoas.

A xente ten medo dunha nova erupción volcánica, similar ás que nos anos oitenta do século pasado deixaron tras de si ducias de mortos.

O Goberno luso di que non hai perigo

As autoridades da illa e o Goberno portugués din que non hai perigo polo momento, aínda que xa teñen preparada a evacuación de miles de persoas a illas próximas de se produciren a erupción.

Tamén reforzaron as comunicacións de São Jorge, para facilitar a saída das persoas que o desexen.

Visita do presidente de Portugal

Esta tarde visitará a illa o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, quen tamén asegurou que os habitantes da zona non teñen razóns para estar preocupados, aínda que São Jorge estea en alerta volcánica de grao V5, o previo ao que decretarían en caso de erupción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade