Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premian o trato humanitario na área sanitaria de Ourense

Premian o trato humanitario na área sanitaria de Ourense

A Fundación Humans recoñece o labor do programa 'Coñece o teu centro de saúde'

Vai dirixido a alumnos de infantil e primaria, para que lle perdan o medo a ir ao médico

 

G24.gal 23/02/2024 13:57

'Coñece o teu centro de saúde' é o proxecto que acaba de alzarse co premio da fundación Humans ao trato humanitario no ámbito sanitario.

"Unha satisfacción para a nosa área sanitaria e os nosos profesionais, que levan traballando desa maneira desde hai moito tempo", di Josefa Rodríguez Araújo, subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria.

O proxecto vai dirixido a alumnos de infantil e primaria, os máis pequenos da casa, para que vexan que non hai nada que temer nun centro de saúde, coma este de Bande, que lles abre as súas portas para que o coñezan por dentro.

"Que nos vexan dunha forma máis lúdica para que, cando teñan que ir ás revisións, vaian contentos e con outra forma de pensar", sinala Verónica Civeira, unha das promotoras do proxecto.

Durante dúas horas coñecen os distintos profesionais que traballan nos centros de saúde, desde limpeza a odontoloxía pasando por fisioterapia ou enfermaría e, a través do xogo, métense na súa pel.

"Despois cando teñen que volver ata lles serven de guía aos pais. O resultado está sendo moi positivo para os nenos, pero tamén para os pais e para nós, os profesionais", celebra Verónica.

De momento fixérono en tres centros de saúde, pero retomarán a actividade a próxima primavera para levala a máis puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade