Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premio aos mellores expedientes de FP, bacharelato, ESO e ensinanzas artísticas

Premio aos mellores expedientes de FP, bacharelato, ESO e ensinanzas artísticas

Os máis aplaudidos foron os premiados polo esforzo e a superación persoal

G24.gal 12/05/2023 13:58 Última actualización 12/05/2023 14:37

Os mellores expedientes académicos de FP, bacharelato, ESO e ensinanzas artísticas dos últimos tres anos en Galicia recolleron este venres na Cidade da Cultura, en Santiago, o premio extraordinario que entrega a Consellería de Educación.

Nese acto, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que o seu Goberno traballa para ter un sistema educativo que tenda á excelencia e para darlle as mesmas oportunidades a todo o alumnado.

Os máis aplaudidos foron os premiados polo esforzo e a superación persoal. No nome dos arredor dos 200 galardoados falou Ibai Otero, hoxe estudante do dobre grao de Matemáticas e Física, que reivindicou que as novas xeracións "están preparadas para os retos de futuro".

A voceira do profesorado e directora do IES Plurilingüe de Ames, Marisol Louro, instou á Consellería a que poña todos os medios para manter o nivel educativo de Galicia. 

O presidente Alfonso Rueda recolleu a petición e dixo que a Xunta seguirá traballando para que todo o alumnado poida optar á excelencia "coas mesmas oportunidades".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade