Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premio dun millón de euros nun rasca instantáneo da ONCE vendido en Pontevedra

Premio dun millón de euros nun rasca instantáneo da ONCE vendido en Pontevedra

O afortunado podería ser un veciño do barrio de Lérez porque que é a zona que lle corresponde ao vendedor do boleto

O premio máximo dos rasca de dez euros só sae cada dous millóns de boletos 

G24.gal 02/03/2023 14:43

Nito Couselo recorre cada día toda a parroquia de Lérez para vender os seus boletos da sorte, empezando polo centro de saúde. Hoxe está especialmente contento porque acaba de repartir un premio dun millón de euros. 

Pese a que o boleto premiado foi o dun rasca instantáneo de 10 euros, Nito di que non sabe quen foi o afortunado nin cando o puido comprar, porque moita xente non o rasca no momento que o compra. 

"Hai xente que si, que xa mo da no momento a comprobar pero outra non; comprao e lévao e xa o rasca despois", di.

O único que sabe é que o martes pasado alguén ingresou nun banco un dos boletos que el vendeu para cobrar o premio.

A difusión da noticia espertou a curiosidade no barrio, pero ninguén conta con que se saiba quen foi o afortunado porque o vendedor móvese moito cada día por Pasarón, Boa e Mourente e a súa clientela habitual é ampla.

Nito recoñece que está empezando a notar que vende máis coa repercusión do premio. En calquera caso, as leis da fortuna, seguirán sendo as mesmas. Un premio destes só sae cada dous millóns de boletos e el vende uns 45 cada semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade