Publicador de contidos
Publicador de contidos

A regulación municipal dos pisos turísticos da Coruña non convence o sector

A regulación municipal dos pisos turísticos da Coruña non convence o sector

A cidade ten rexistradas preto de 1.200 vivendas de uso turístico

O Concello quere limitalas a baixos, primeiras plantas ou edificios enteiros

G24.gal 04/02/2024 13:57 Última actualización 04/02/2024 14:39

Na Coruña, o Goberno local quere limitar as vivendas de uso turístico a baixos, primeiras plantas e edificios completos, unha regulación moi restritiva que preocupa os máis de oitocentos propietarios dos preto de 1.200 destes pisos que hai rexistrados actualmente na cidade. 

"As VUT están distribuídas moi homoxeneamente entre todo o municipio e non hai ningunha rúa nin ningunha zona saturada neste momento", matiza Rafael Serrano, voceiro dos propietarios coruñeses.

Suman algo máis de 5.800 prazas de aloxamento, unha oferta que xa supera á dos hoteis e pensións. Durante 2023, máis de 130.000 turistas escolleron un destes pisos para a súa estancia na cidade. Os propietarios consideran que teñen un perfil propio. 

"As vivendas de uso turístico son preferiblemente reservadas por familias que veñen cos fillos, avós, tíos... grupos familiares que veñen para estar catro días, dez días... No caso do verán quince días ou o mes enteiro", explica Serrano.

Familias, di, que non visitarían A Coruña coa aplicación do regulamento que propón o Concello, especialmente restritivo na zona histórica.

"O que propón o Concello é que desaparezan as vivendas turísticas na zona PEPRI de protección especial e que queden reducidas a baixos e primeiras plantas no resto da cidade, asimilándonos á actividade terciaria e ao uso hostaleiro".

Un informe elaborado pola Asociación de Vivendas Turistas de Galicia estima que o peche dos pisos provocaría perdas superiores aos 90 millóns de euros anuais no conxunto da economía da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade