Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación pola vaga de roubos no polígono industrial de Celanova

Preocupación pola vaga de roubos no polígono industrial de Celanova

 O Concello propón instalar cámaras de videovixilancia para reforzar a seguridade 

G24.gal 22/01/2024 15:14

Tres empresas, dúas dedicadas á carpintería de aluminio e outra á venda de material de xardinería, foron o último obxectivo dos amigos do alleo no polígono industrial de Celanova. 

Os ladróns só buscaban diñeiro en efectivo e, segundo os propietarios das naves, foron máis os danos materiais que ocasionaron que os cartos roubados. De media as perdas ascenden a uns mil euros en cada uns dous negocios.

Malia que unha cámara de seguridade captou os cacos, a súa identificación vai ser complicada, xa que levaban a cara cuberta e luvas para non deixar pegadas.

Non é a primeira vez que os amigos do alleo visitan este polígono industrial. Hai ano e medio roubaron en cinco naves en pouco máis de mes e medio. O Concello propón reforzar a seguridade na zona mediante a instalación de cámaras de videovixilancia na entrada e na saída do polígono.  Unha medida disuasoria que os empresarios verían con bos ollos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos