Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira nevarada deste inverno en Pedrafita do Cebreiro

Primeira nevarada deste inverno en Pedrafita do Cebreiro

A neve comezou a callar pola noite, coa baixada de temperaturas

As zonas altas, tinguidas de branco, enchéronse de visitantes 

G24.gal 15/01/2023 19:34 Última actualización 15/01/2023 19:47

Cumpríronse os prognósticos e a neve cubriu de branco os cumios máis altos da montaña de Lugo. A neve comezou a callar de noite, coa baixada das temperaturas. 

Pola mañá non deixou unha capa moi grosa, pero a neve agardábase con ganas. É a primeira deste ano e deste inverno.

Ao longo da xornada continuou a nevar, todo un atractivo que sempre convoca visitantes. Unha nova fronte vai facer que a neve volva caer esta semana en cotas máis baixas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade