Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiro día de campaña electoral no País Vasco

Primeiro día de campaña electoral no País Vasco

Este venres chegan algúns líderes dos partidos estatais para apoiar os seus candidatos

Será a campaña máis disputada dos últimos anos, co PNV e Bildu pugnando por ser a forza máis votada.

G24.gal 05/04/2024 08:05

O PNV comezou a campaña en Vitoria.  Aspiran a manter o goberno cun novo candidato a lehendakari, Imanol Pradales.  Pediulles aos cidadáns que o 21 de abril escollan experiencia e estabilidade. 

O outro partido que combate polo liderado, segundo todas as enquisas, Bildu, chama os vascos a votaren cambio para rexenerar a política despois de tantos anos co PNV no goberno.

Os socialistas aspiran a ser clave para decidir quen goberna. Xa se manifestaron a favor de repetir a coalición co PNV e preséntanse como garantía de aplicación de políticas progresistas.

O PP preséntase como única alternativa ao que denominan "un multipartito sanchista". Din que eles son a única papeleta do cambio.

Outro punto de atención está en Sumar e Podemos, en pugna por representaren a esquerda non independentista.

E Vox tentará darlles a volta ás enquisas, que din que desaparece do Parlamento vasco. 

Este venres comezan a chegar a Euskadi os líderes nacionais para apoiar os seus candidatos. Máis do 30 % dos vascos, segundo o CIS, decidirán o seu voto na última semana de campaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade