Primeiro día de traballo "sen incidencias" para os barcos de litoral con parte dos caladoiros pechados
Primeiro día de traballo "sen incidencias" para os barcos de litoral con parte dos caladoiros pechados
Primeiro día de traballo "sen incidencias" para os barcos de litoral con parte dos caladoiros pechados
Ivan López: "Non houbo grandes incidencias, salvo que houbo desprazamentos cara ás zonas abertas e unha concentración de buques nesas zonas"
"Eu vexo legalmente moi difícil que haxa unha moratoria", di o presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo
Os barcos de litoral galego afrontan hoxe o primeiro día con parte dos seus caladoiros pechados, polo regulamento europeo que prohibe traballar en 87 áreas con corais ou esponxas.
Os armadores agardan que non haxa problemas de convivencia entre as distintas frotas, como tampouco houbo onte no Gran Sol, onde os barcos de fondo tiveron que abandona-las zonas vedadas.
Explicábao o presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, Iván López. Falaba no Galicia por diante.
"Non houbo grandes incidencias, salvo o que diciamos de que houbo desprazamentos cara ás zonas abertas e unha concentración de buques nesas zonas. Sempre pode haber un feito illado porque a tensión e o estrés pódennos facer reaccionar como non queremos pero realmente toda a frota está moi concienciada de cal é o problema e todo o mundo está concienciado de cal é o motivo polo que pode haber desprazamentos de barcos a zonas onde non traballaban antes. O enfado está moi dirixido a onde ten que estar dirixido. Esperemos que non haxa incidentes".
Iván López di que todo o sector se sente defraudado e doído coa Comisión Europea, porque "Europa non trata a todos por igual" e acusa a Bruxelas de ser "populista e ecoloxista".
"Eu vexo legalmente moi difícil que haxa unha moratoria. Eu o que espero é que a Comisión entre en razón e busque unha maneira de evitar un sobreimpacto. Creo que a Unión Europea, se fixese a metade do esforzo que está facendo para xustificar o seu traballo en realmente facelo, en facelo ben, teriamos un decreto marabilloso".