Prisión provisional para dous involucrados no asalto a unha vivenda en Samil
Prisión provisional para dous involucrados no asalto a unha vivenda en Samil
Ambos están investigados por un delito de roubo con intimidación, segundo fontes do TSXG
O xuíz decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, de dous das catro persoas detidas o pasado domingo involucradas nun asalto a unha vivenda situada en Samil.
Ambos están investigados por un delito de roubo con intimidación, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. As outras dúas persoas, unha parella formada por un home e unha muller, foron postas en liberdade.
Permanecen investigadas por un delito contra a saúde pública e deberán comparecer cada 15 días no xulgado. Os feitos tiveron lugar o domingo pola mañá nunha vivenda situada na avenida Atlántida e os arrestos efectuounos a Policía Local.
Os dous homes que entraron en prisión irromperon na vivenda, onde estaba a parella, e acoitelaron o home, presuntamente por unha cuestión relacionada coas drogas.
Posteriormente foron detidos pola Policía e os catro implicados foron postos a disposición xudicial.