Publicador de contidos
Publicador de contidos

Produtores de mel de toda Europa participan na Feira de Apicultura de Lalín

Produtores de mel de toda Europa participan na Feira de Apicultura de Lalín

A mostra internacional reúne 60 expositores nesta terceira edición

Organízanse catas guiadas das distintas variedades de Mel de Galicia

G24.gal 27/01/2024 14:46 Última actualización 27/01/2024 15:12

Apicultores de toda Europa participan nesta terceira edición da Feira Internacional de Apicultura de Lalín. 

"Temos España, Portugal, Hungría, Romanía, Grecia..., son uns 60 expositores, explica David Liñares, organizador da Feira Internacional de Apicultura de Lalín.

Entre as actividades, hai catas guiadas coma esta, na que se poden degustar as distintas variedades da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Na feira tamén atopamos outros xeitos de presentar o produto, por exemplo mel con noces ou o mel en crema.

"É máis fácil de untar e non tes os problemas de que esta pingando. A xente vai notar unha diferenza na textura e tamén unha lixeira diferenza no sabor", asegura Eva Fernández, apicultora.

A produción dentro da Indicación Xeográfica Protexida alcanzou ou 300.000 quilos o ano pasado. Viuse minguada polas condicións meteorolóxicas e pola mortaldade provocada pola vespa velutina e a praga da varroa. 

"Unha produción media de doce quilos por colmea, cando hai vinte anos a produción era o dobre", asegura Xosé Torres, presidente da Asociación de Apicultura de Galicia.

A Feira Internacional de Apicultura seguirá aberta durante toda a fin de semana no campo da feira de Lalín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar