Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohibidas ata novo aviso as queimas forestais en Galicia

Prohibidas ata novo aviso as queimas forestais en Galicia

Non se darán novos permisos e os xa concedidos quedan en suspenso

G24.gal 30/05/2024 16:35

Desde este xoves 30 de maio están prohibidas ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares.

A Xunta anunciou que non dará máis permisos e que os que xa se concederon quedan en suspenso por risco de incendios.

“Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra ou Incendios Forestais”, aclara a Xunta, debidamente planificadas e que dispoñan dos medios de extinción precisos en caso de necesidade.

A decisión “tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio”.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade