Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prorrogan a prisión provisional de Ana Sandamil

Prorrogan a prisión provisional de Ana Sandamil

Foi condenada a prisión permanente revisable

Trámite tras o recurso presentado pola defensa

G24.gal 18/04/2022 14:24

Nunha vista celebrada na Audiencia Provincial de Lugo a maxistrada decidiu prorrogar a prisión provisional para Ana Sandamil á espera de que se resolva o recurso presentado polo seu avogado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

O crime acontecera en Muimenta, no concello lugués de Cospeito, no ano 2019 e foi xulgado o pasado mes de febreiro. Un xurado popular considerou a Ana Sandamil culpable do asasinato da súa filla Desirée Leal. Días despois a Audiencia Provincial de Lugo condenou a muller á pena de prisión permanente por un delito de asasinato co agravante de parentesco e co atenuante de alteració mental ou psíquica.

Esta sentenza foi recorrida polo avogado da acusada pero á espera da resolución do recurso a maxistrada acordou que Ana Sandamil continúe en prisión provisional.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade