Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestas pola acción policial que causou as mortes no valado de Melilla

Protestas pola acción policial que causou as mortes no valado de Melilla

Convocáronas o Foro Galego de Inmigración e SOS Racismo en varias cidades galegas

G24.gal 01/07/2022 21:20

Centos de persoas participaron esta tarde nas concentracións  convocadas polo Foro Galego de Inmigración e SOS Racismo en varias cidades galegas.

Protestan pola acción policial que causou máis dunha vintena de mortos no valado de Melilla a semana pasada.

Esixen que se investigue o sucedido e que se depuren responsabilidades.

Denuncian ademais, din,  o trato inhumano que se lles deu aos migrantes que intentaban pasar a España.

O Bloque Nacionalista Galego apoiou a convocatoria e insistiu en pedir a comparecencia no Congreso do presidente do Goberno e do ministro do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade