Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e PP prevén rexistrar hoxe a reforma do artigo 49 da Constitución

PSOE e PP prevén rexistrar hoxe a reforma do artigo 49 da Constitución

O termo 'diminuídos' sera substituído por 'persoas con discapacidade' 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, durante o seu encontro este venres no Congreso dos Deputados en Madrid (EFE/Chema Moya) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, durante o seu encontro este venres no Congreso dos Deputados en Madrid (EFE/Chema Moya)
G24.gal 29/12/2023 11:20

O PSOE prevé rexistrar este venres xunto co PP a reforma do artigo 49 da Constitución para eliminar o termo 'diminuídos', que será substituído por 'persoas con discapacidade'. Tras o acordado no pacto alcanzado recentemente por ambas formacións políticas.

Con todo, fontes do PP non confirman o rexistro inminente da reforma deste artigo. Foi un dos poucos acordos concretos que alcanzaron Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo na súa reunión do pasado 22 de decembro.

Ambos pactaron que a reforma se rexistraría no Congreso dos Deputados coa firma dos dous grupos parlamentarios antes do 31 de decembro. Tamén, acordaron que a reforma sexa pola vía de urxencia e en lectura única, sendo votada nun pleno monográfico en xaneiro. Dese xeito, non pasará por comisión parlamentaria, axilizando o trámite.

PSOE e PP  só incluirán emendas se ambos os partidos dan o seu visto e prace, e acordaron que non aceptarán que haxa un referendo sobre a reforma, algo que non expuxo polo momento ningún grupo parlamentario. É un asunto que xera un gran consenso social e político.

A reforma do artigo 49 da Constitución será a terceira modificación da Carta Magna desde a súa aprobación en 1978.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade