Publicador de contidos
Publicador de contidos

PSOE e UP din que a lei de vivenda é "histórica" e no PP falan de "gran decepción"

PSOE e UP din que a lei de vivenda é "histórica" e no PP falan de "gran decepción"

Pedro Sánchez sostén que a lei "vai transformar un gran problema nun dereito" e critica a actitude do PP

Para Ione Belarra, hoxe perden os especuladores e "gaña a xente"

Núñez Feijóo di que a lei non soluciona os problemas e que está inspirada por "Podemos un e Podemos dous"

G24.gal 15/04/2023 15:08 Última actualización 15/04/2023 16:21

Pedro Sánchez participou hoxe en Bilbao nunha homenaxe ao histórico socialista vasco-galego Rodolfo Ares. No acto, ligou a dignidade salarial e das pensións coa que definiu como "a primeira lei de vivenda da democracia". Dixo que facilitará a emancipación da mocidade e referiuse así ao PP.

"O PP dixo que vai recorrer, querido Patxi, a lei de vivenda ante o Tribunal Constitucional. Eu non sei por que isto é noticia, porque cada avance recórreno ante o Tribunal Constitucional. Xa sabemos a quen defenden. Non defenden a maioría, defenden a uns poucos, os que están aí arriba".

Mentres, a líder de Unidas Podemos, Ione Belarra, sinalou que coa Lei de vivenda "as casas serán para vivir e non para especular". Engadiu que hoxe perden a banca e os especuladores.

"Unha lei que sabedes ben, compañeiros e compañeiras, que nunca sería posible sen o empuxe de Unidas Podemos no Goberno. Hoxe, compañeiros e compañeiras, gaña a xente, gaña a cidadanía".

O líder do PP fala dunha lei da antivivenda que demostra que Sánchez está "podemizado". Alberto Núñez Feijóo di del que incumpriu todas as promesas sobre vivenda social ou axudas á mocidade e que esquece o fenómeno dos okupas.

"Eu estou de acordo en controlar os prezos do alugueiro, por suposto. Pero intervir os prezos soa moi ben e funciona moi mal, e é que o señor Sánchez xa interviu os prezos nos últimos anos e nos últimos anos temos un récord de incremento dos prezos da vivenda en trece comunidades autónomas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade