Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que hai de certo na suposta conexión especial entre irmáns xemelgos?

Que hai de certo na suposta conexión especial entre irmáns xemelgos?

A ciencia di que existe, pero que é a mesma que se dá en calquera outro grupo de persoas moi próximas

Os irmáns Aller, xemelgos naturais de Santiago
G24.gal 10/06/2023 16:30 Última actualización 09/06/2023 21:31

Hoxe queremos saber que hai de certo na suposta conexión especial entre irmáns xemelgos. Para estes irmáns esta conexión é indiscutible. A ciencia di que existe, pero que é a mesma que se dá en calquera outro grupo de persoas moi próximas que compartan vivencias e lembranzas.

Un de cada 42 bebés que nacen no mundo chega cun dobre ao seu carón, un irmán xemelgo. Supoñen máis de millón e medio de nacementos ao ano e, desde hai tres décadas, nacen máis debido ás técnicas de reprodución asistida e aos embarazos serodios.

A finais do século XIX a sociedade converteunos en atracción de feira e no vinte o cine usounos como elemento cando menos inquietante. É a reacción ante o desconcerto, ante o inexplicable.

A NASA, o FBI e tristemente, os nazis interesáronse polos xemelgos, unha curiosidade vixente na actualidade, coa ciencia intentando explicar a suposta habilidade especial para comunicarse entre eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade