Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez finalistas disputan o concurso coruñés de escaparatismo de Samaín

Dez finalistas disputan o concurso coruñés de escaparatismo de Samaín

Optan a cinco premios que oscilan entre os 750 e os 2.500 euros

G24.gal 31/10/2022 14:12

Case un cento de comercios da Coruña presentáronse a un concurso que vai premiar os escaparates mellor decorados coa temática propia desta época do ano, a dos defuntos.

Xa quedan dez aspirantes, dos que só a metade recibirá un dos premios en metálico de entre 750 e 2.500 euros.

Algúns dos propietarios dos dez comercios finalistas xa comezaron a facer campaña. Din que, chegados a este punto, xa queren gañar. 

Así que animan aos seus clientes a participar no formulario de votación que o Concello habilitou na súa propia web. E poderán facelo ata o vindeiro 10 de novembro. 

A partir de entón daranse a coñecer os cinco gañadores dos 91 participantes desta edición do concurso de escaparatismo de Samaín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar