Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedar para compartir e divertirse en Lugo

Quedar para compartir e divertirse en Lugo

Un cento de lugueses comparten as tardes participando en xogos de mesa

G24.gal 01/07/2023 20:29 Última actualización 01/07/2023 21:12

Hoxe non están todos, pero neste grupo participan unhas noventa persoas. É un grupo transversal que admite xente de todas as idades co único requisito de que estean dispostos a aprender novos xogos e a xogalos. Catán, visurs ou A Illa son algúns dos máis populares, pero hai milleiros de xogos onde elixir.
A semente puxérona un grupo de pais e os seus fillos.

Practicamente todos estes xogos xurdiron a partir dos oitenta.

Hai xente que leva anos, outros empezaron hai pouco.

É un grupo aberto para todo o que queira unirse.

De luns a sábado vense na Casa da Xuventude de Lugo; o domingo quedan nunha cafetería para participar nunha alternativa de ocio sa e socializadora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade