Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas pola cada vez maior presenza de xabarís na cidade de Lugo

Queixas pola cada vez maior presenza de xabarís na cidade de Lugo

Cruzan as estradas e fozan nos prados e nas rotondas de acceso, co conseguinte perigo

Félix Aragunde 31/01/2024 13:23

A presenza cada vez máis abundante de xabarís suscita queixas entre a veciñanza do sur da cidade de Lugo. San Fiz, Bosende ou A Tolda de Castela son algunhas das zonas máis afectadas, onde os porcos bravos provocaron diversos danos.

Tanto nas rotondas de acceso á cidade como nas beiras do paseo do Rato, os xabarís deixan acotío a terra fozada. Ademais, estes animais salvaxes adoitan cruzar a estrada N-VI, co conseguinte risco para os usuarios.

Ante os danos que provocan nos terreos e o perigo que supoñen, os residentes nas zonas afectadas reclaman un maior control da poboación de xabarís.

A rotura dun pastor eléctrico que deixou uns cabalos ceibos foi un dos últimos incidentes atribuídos aos porcos bravos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade