Rafa Benítez consegue dotar o Celta dunha gran firmeza defensiva
Rafa Benítez consegue dotar o Celta dunha gran firmeza defensiva
Os alicerces do equipo comezan a construírse desde a defensa, e o Celta non recibiu ningún gol en tres dos catro partidos da pretemporada
Unha semana antes do inicio da Liga, o Celta do centenario presentou en Alemaña as súas cartas. Cunha aliñación con Manu Sánchez no lateral, á que volve Tapia como centrocampista, en que Bamba e Carles son cruciais nas bandas e Aspas adquire maior papel na creación. O debuxo é un 4-4-2 que prioriza a solidez. Estamos ante un Celta distinto.
O Wolfsburgo enredou na primeira parte pero rápido o Celta foi medrando desde atrás para facerse co partido. Gañou á media hora nunha pelota queda.
E logo está a compoñente individual, esa que vén da melloría do xogador. Nese capítulo salientaremos a Swedberg. Inédito a campaña anterior, fisicamente feble, e que agora aparece como opción emerxente.
E logo está o de fóra, o dos despachos. Porque no medio dun ambiente no equipo fantástico, dunha paixón desbordante na afección, topamos coa decisión de apartar do primeiro equipo a Miguel porque non renovou. Acaba contrato o ano que vén e estas cousas, a ilusión non lle axuda.