Rapaces de entre 9 e 23 anos aprenden a ser gandeiros na escola de Mouriscade, en Lalín
Rapaces de entre 9 e 23 anos aprenden a ser gandeiros na escola de Mouriscade, en Lalín
Aprenden, entre outras cousas, a preparar as vacas para os concursos
Tiveron que convocar unha segunda edición en agosto para atender a gran demanda de solicitudes que houbo este verán
Son 25 en total con idades entre os 9 e os 23 anos, moi novos, pero a maioría deles con bastante experiencia nas prácticas de tosquiado e benestar aninal porque son fillos, netos e sobriños de gandeiros. Explican que se criaron entre vacas e que iso, coñecelas ben, foi o que espertou o desexo de dedicarlles a elas a súa vida profesional.
José, de nove anos, xa ten claro que de maior quere ser gandeiro. É nesta edición o alumno máis novo da Escola de Gandeiros, que organiza a Cooperativa Rural Galega CLUN e a Deputación de Pontevedra. Cada un con candansúa xata, axustada ás propocións de quen a manexa, van aprendendo máis segredos dun traballo que á maioría lles vén do berce.
"Aquí aprenden a tratar os animais, a ter contacto con eles. Enfocámonos algo ao mundo dos concursos, pero non só" , explica María Castro, monitora da Escola de Gandeiros.
Son cursos nos que tamén hai verdadeiros expertos. Como Xabier, campión galego que empezou con sete anos a aprender tosquiado e manexo e que vai no equipo que representa a España no concurso de Bruxelas.
"Vou facer o segundo grao de gandería e asistencia animal e despois quero facer veterinaria", dixo Xabier Montes
Traballo e formación para dedicarse a unha das profesións máis emblemáticas e importantes do noso país.