Veciños do barrio vigués do Gorxal denuncian a presenza de ratas e augas fecais
Veciños do barrio vigués do Gorxal denuncian a presenza de ratas e augas fecais
A veciñanza critica o desleixo municipal e doutras institucións
No Gorxal din que só se lembran deles cando hai eleccións. A Xosé Carlos sáenlle as fecais polo oco da escaleiras, adoita telo tapado para que non lle suban as ratas. A Xosé Méndez saíronlle os restos pola ducha.
Din que teñen que pagar eles do seu peto o labor dos técnicos que limpan as tubaxes. A situación fai que as ratas campen ás súas anchas e o mal estado das leiras próximas tamén fai que se acheguen os xabarís.
O parque infantil téñeno inutilizado, aos bancos cáelles resina das árbores e tamén pola presenza das velutinas.
As augas residuais afloran por varios lugares máis do predio. No Concello dixéronlles que había un proxecto para amañar as conducións pero os prazos vanse demorando desde a primeira data que lles deron a principios de ano.