Reabren ao marisqueo os bancos da ría de Pontevedra
Reabren ao marisqueo os bancos da ría de Pontevedra
As últimas analíticas indicar que remite a toxina
Remite o episodio de marea vermella que afectou a ría de Pontevedra. As últimas analíticas permiten volver traballar. Logo dunha semana pechados por causa da marea vermella, dende este mércores vólvese traballar con normalidade nos areais do fondo da ría de Pontevedra.
As últimas analíticas confirmaran que a presenza de toxina paralizante remite e, polo tanto, mellora a situación. Agora mesmo só permanece pechada unha das sete zonas de extracción de marisco.
Os mariscadores en embarcación comezaron xa a traballar o luns e sumáronse os de a pé logo de que a presenza da toxina lles impedise extraer bivalvos dun dos peores momentos por tratarse do final da campaña e con prezos altos.
Remite este episodio de toxina paralizante, pero segue en aumento o de toxina lipolífica que afecta os polígonos de bateas e mantén pechados seis dos oito da ría de Pontevedra.