Reapertura do Museo do Videoxogo en Cangas
Reapertura do Museo do Videoxogo en Cangas
Entrar no museo do videoxogo é toda unha partida de experiencias, emocións e momentos inesquecibles para unha das fórmulas creativas máis influíntes dos últimos anos.
Unha partida onde os máis novos proban as últimas novidades do mercado.
E onde outras xeracións rememoran aqueles comezos no mundo dos videoxogos alá polos anos 70.
Unha forma de entender o pasado, o presente pero tamén o futuro dun sector que supón todo un intercambio xeracional.
Coñecer o primeiro mando analóxico ou o primeiro ordenador portátil, que por certo pesaba uns 11 quilos, é comprender a evolución dunha industria que aquí en Galicia empeza a despuntar con forza.
Este museo, que celebra a súa apertura, seguirá contándonos a historia dun sector con infinidade de posibilidades interactivas. Trátase do primeiro museo aberto en España e a única fundación dedicada o universo do videoxogo do país.