Récod histórico na FP: máis de 51.000 persoas solicitaron praza para o próximo curso
Récod histórico na FP: máis de 51.000 persoas solicitaron praza para o próximo curso
Román Rodríguez, conselleiro de Educación: "Temos unha enorme oferta en FP, máis de 42.000 novas prazas"
Máis de 51.400 persoas solicitaron cursar Formación Profesional en Galicia o próximo curso, un máximo histórico. O conselleiro de Educación adiantou esta cifra durante unha visita ao centro integrado de FP de Ferrolterra, onde asinou un convenio con Nervión Naval Offshore para poñer en marcha cinco novos proxectos formativos.
Román Rodríguez di que as cifras confirman o interese pola nova oferta formativa da Formación Profesional.
"Temos unha enorme oferta en FP, máis de 42.000 novas prazas. E tamén temos récord histórico nas persoas que se matriculan na Formación Profesional. Sabemos que é a mellor forma para xerar oportunidades e garantir que as empresas teñan traballo".