Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recollen 500 sinaturas para reforzar a seguridade da N-550 en Valga

Recollen 500 sinaturas para reforzar a seguridade da N-550 en Valga

Veciños de Setecoros piden un paso de peóns e a redución dos límites de velocidade

Na zona hai un albergue de peregrinos e varios establecementos de hostalería

G24.gal 05/05/2022 13:56 Última actualización 05/05/2022 14:16

Peóns cruzando a estrada por onde poden, camións a todas horas e coches que non sempre respectan os límites de velocidade establecidos. A veciñanza de Setecoros, en Valga, leva tempo reclamando que se reforce a seguridade da Nacional 550.

Xa levaron varios sustos. Varias persoas afeitas a cruzar a calzada neste tramo comentan que "os coches teñen a rabia" ou que "algún non pousa as rodas no chan" coa velocidade. 

Á beira da calzada hai un serradoiro, varios comercios e distintos establecementos de hostalería.
Entre os viandantes adoitan estar, ademais, os escolares que empregan a parada de bus ou os peregrinos que se aloxan no albergue do Pino.

Unha plataforma veciñal recolleu máis de 500 sinaturas para reclamar, cando menos, un paso peonil e a redución dos límites de velocidade. No último pleno do Concello de Valga recibiron o apoio unánime da corporación e as súas demandas xa foron trasladadas ao Ministerio de Transportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade