Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recollen dúas toneladas de lixo na contorna do Areoso, na ría da Arousa

Recollen dúas toneladas de lixo na contorna do Areoso, na ría da Arousa

Sobre todo cordeis, aparellos vellos e varios trasmallos de 12 metros. Tamén se liberaron centolas atrapadas

G24.gal 15/04/2023 14:42 Última actualización 15/04/2023 16:24

Máis de tres horas durou a limpeza de fondos na contorna do illote Areoso no medio da ría de Arousa. Nos labores de limpeza recolléronse dúas toneladas de lixo; apareceron cordas, vellas artes de pesca entre elas  varios trasmallos dunha ducia de metros e tamén se liberaron varias centolas atrapadas nos aparellos en desuso.

Sesenta e dúas persoas e vinte e un barcos participaron nesta limpeza no marco do programa Plancton da Afundación. Contaron co apoio da confraría e dos seus gardas rurais e o concello da Illa e do Club Subacuático Pérez Sub, ademais de Protección Civil de Vilanova da Arousa.

 O positivo da xornada é que a maioría do lixo proviña da actividade pesqueira e o negativo foi constatar que no illote queda moito lixo por recoller e que será precisa unha limpeza a pé in situ.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade