Recomendan denunciar sempre os abusos na contratación telefónica de servizos
Recomendan denunciar sempre os abusos na contratación telefónica de servizos
Aínda que se resolva directamente coa compañía, é conveniente denuncialo tamén en Consumo
Nos casos máis graves, como usurpacións de identidade, a Unión de Consumidores de Galicia recomenda ademais a vía penal
A María Espín sorprendeuna o grande incremento do recibo da luz na casa que o seu sogro, Avelino, tiña en Pedrafita. Así foi como descubriu que lle aplicaran un cambio de tarifa. A modificación fíxose a través dun contrato telefónico supostamente aceptado de viva voz polo titular, segundo os audios que ao final lle acabou remitindo a propia comercializadora.
O insólito é que Avelino morreu hai máis dez anos, por iso María amais de reclamar e resolver o asunto coa empresa, decidiu denunciar publicamente a fraude.
Desde a Organización de Consumidores de Galicia valoran a súa iniciativa de facer público o caso e dada a gravidade aconsellan tomar medidas tamén a nivel penal. Desde a Unión de Consumidores de Galicia valoran a iniciativa de María de facer público o caso e dada a gravidade aconsellan tomar medidas tamén a nivel penal.
Segundo esta entidade de defensa dos consumidores, este nivel de fraude non é o que máis se dá. O que prima son as actuacións enganosas por parte dalgúns axentes para lograr que o cliente cambie de comercializadora. En calquera caso, aínda que se resolva o asunto directamente coa comercializadora, recomendan presentar unha denuncia en Consumo para que aperciban ás empresas e as obriguen a extremar a vixilancia do que se fai no seu nome.