Publicador de contidos
Publicador de contidos

Récord de aforros dos fogares españois, case un billón de euros en 2021

Récord de aforros dos fogares españois, case un billón de euros en 2021

Os españois aforraron case un billón de euros en 2021, un 11 % das rendas

Trátase dunha cifra récord en valores absolutos do aforro das familias en España

En 2020 aforrouse de media o 15 % das rendas

G24.gal 22/06/2022 14:54

Case un billón de euros. Trátase dunha cifra récord en valores absolutos do aforro das familias en España. Un incremento que comezou coa pandemia. En 2020 aforrouse de media do 15 % das rendas.

Xavier Martínez Cobas, profesor de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Vigo explica que  "o ano pasado aínda que aumentou o volume de aforro das familias, a taxa sobre a renda xa foi menor, sobre un 11 % e as previsións son que se siga reducindo".

Nesas cifras de aforro inflúe tamén a demografía, especialmente en Galicia. Martínez relata que "cando nas sociedade nos facemos maiores, as rendas están máis consolidadas, os gastos previos, como hipotecas, xa pasaron, e a tendencia é que na madurez da vida laboral haxa unha maior taxa de aforro que logo se reduce cando se xubilan".

Na rúa ven complicado aforrar. Sete de cada dez españois consideran que non están preparados para facer fronte á suba de prezos dos combustibles, a enerxía ou os alimentos derivados da invasión de Ucraína.

Esa incerteza tamén frea os gastos, sobre todo no lecer. Os desempregados e xubilados son os máis preocupados polo impacto que a guerra pode terno seu nivel de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade