Publicador de contidos
Publicador de contidos

Redúcese o IVE a cero no aceite, pero mantense en produtos como a carne ou o peixe

Redúcese o IVE a cero no aceite, pero mantense en produtos como a carne ou o peixe

O aceite só nos últimos doce meses encareceu case un 70 %, segundo Facua

O IVE da carne, peixe e conservas mantense no 10 %

G24.gal 12/01/2024 16:22

Leva máis de dous anos incrementando o seu prezo.

"Reducino só para o cru".

Só nos últimos doce meses encareceuse case un 70 %, segundo Facua.

"Facía falta que baixara un pouco máis do que baixa, porque está polas nubes".

O Goberno acordou con Junts eliminarlle o IVE, que xa fora reducido a un 5 %.

"Bendito sexa, porque é unha cousa das máis principais, pero tamén o peixe ou a carne".

Nin na carne nin nos produtos do mar haberá rebaixa no IVE.

"Penso que faría falta tamén algo".

"Non fai falta ser moi listos para ver que son produtos de primeira necesidade".

Dende o sector do mar lembran que é unha medida pola que están a apostar países da nosa contorna como o Reino Unido ou Alemaña.

"Están diminuíndo o IVE aos produtos pesqueiros porque queren que sexan consumidos pola súa cidadanía, porque precisamente hai unha relación directa cunha boa dieta, cunha boa calidade de vida, e polo tanto, menor gasto sanitario", explica Roberto Alonso, presidente de Anfaco-CECOPESCA.

"A verdade é que a nós decepciónanos, seguiremos nese camiño", asegurou Alfonso Villares, conselleiro do Mar.

Mesma demanda entre o sector cárnico para incentivar as vendas.

"Compran menos, se antes pedían a quilo, hoxe piden filetes".

"Coa retirada do IVE íase aumentar o consumo, co cal os gandeiros e a industria veríase favorecida. Non entendemos por que hai sempre algo contra a carne", conta Emilio González, presidente da Asociación Galega da Carne.

"É unha discriminación inxustificable nun sector fundamental para Galicia. Só con dar datos sobre o vacún de carne, estamos falando de máis de 15.000 explotacións", afirma José González, conselleiro do Medio Rural.

O IVE da carne, peixe e conservas mantense no 10 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade