Regresa a Galicia o rapaz ferido na explosión do hotel Saratoga da Habana
Regresa a Galicia o rapaz ferido na explosión do hotel Saratoga da Habana
César volve á casa tras tres semanas ingresado no hospital
A súa moza morreu, el quedou ferido grave na explosión do hotel Saratoga da Habana
"Eles practicamente acababan de chegar a Cuba, levantáronse e saíron, e ocorreu iso, foi a explosión e pillounos case case en primeira fila", relata Abelardo Román, pai do rapaz ferido grave na Habana.
A fatalidade acabou cos soños de César e Cristina, dous mozos galegos que casualmente acababan de chegar de vacacións a Cuba cando o hotel Saratoga saltou polos aires. Ela morreu, el quedou ferido grave.
"Foron bastante graves, moi graves, pero agora realmente fóra de perigo os médicos afirman que xa está, quedan, claro, ósos rotos, mazaduras, quedan bastantes feridas e sobre todo unha, pero esperemos que co tempo cure todo" conta o pai de César.
Despois de tres semanas ingresado no hospital Calixto García da Habana, hoxe por fin regresa a Galicia.
"Hoxe aterrará aquí en Galicia e sobre todo é unha boa noticia, sobre todo para os seus pais que van poder abrazalo", apunta Valentín González Formoso, alcalde das Pontes.
Nas Pontes, onde residían César e Cristina, agardan a súa chegada e lamentan a traxedia.
"Que tristura, viña eu pensando que felices estarían os dous e pobriño el vén e ela queda... triste", lamenta unha veciña.