Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata a folga de médicos en Galicia tras nove xornadas

Remata a folga de médicos en Galicia tras nove xornadas

O sindicato convocador, CESM, e o Sergas chegan a acordo na súa primeira reunión desde que comezara o paro indefinido

O pactado debaterase hoxe na Mesa Sectorial, na que están representados o resto de sindicatos

A folga suspendeu case 1.700 intervencións cirúrxicas e preto de 33.000 consultas externas

As chaves para desconvocar a folga en Galicia

G24.gal 20/04/2023 00:17 Última actualización 20/04/2023 01:50

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) desconvoca a folga indefinida que comezaba o pasado día 11. Faino tras pechar un acordo coa Consellaría de Sanidade logo dunha reunión de máis de seis horas, a primeira desde que arrancara o paro.

O documento asinado recolle oito puntos, que inclúen o aumento do prezo da hora de garda e o pagamento do complemento específico tamén aos facultativos que traballan na pública e na privada.

Principais acordos

Pagaráselles máis aos facultativos polas gardas —tamén aos MIR—, tanto polas presenciais como cando teñan que estar localizables, e cobrarán máis polas dos domingos e festivos. Tamén terán unha maior retribución se fan 5 ou máis gardas ao mes.

A mañá dos sábados retribuirase á parte. E os días 24 e 31 de decembro computarán de xeito especial.

Con respecto ao complemento específico reclamado tamén para os profesionais que exercen na sanidade pública e na privada, a Consellaría comprométese a que o poidan cobrar a partir de xaneiro. Segundo CESM, beneficiaránse arredor de 1.400 médicos.

Os acordos pechados debateranse hoxe na Mesa Sectorial, na que están representados o resto de sindicatos pero non o que convoca a folga.

Recuperar canto antes a actividade atrasada

O secretario xeral da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia Enrique Marra-López valora a "ardua negociación" que levou á desconvocatoria do paro.

"Mañá —por hoxe— volve todo á orde lóxica e normal".

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña fala de "boa nova".

"É unha boa nova, sobre todo para os pacientes, poñer fin a este conflito que lamentamos e imos tentar recuperar canto antes a actividade que non se puido facer".

Segundo os últimos datos facilitados por Sanidade, nos nove días de folga suspendéronse 1.670 operacións, 32.696 consultas externas e 2.691 probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar