Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe emitiu 65.800 abonos gratuítos ou bonificados en Galicia ata abril

Renfe emitiu 65.800 abonos gratuítos ou bonificados en Galicia ata abril

Xa se poden mercar os abonos do segundo cuadrimestre, válidos desde o 1 de maio ata o 31 de agosto

En toda España Renfe expediu 2.160.000 abonos gratuítos para proximidades e media distancia e abonos para Avant bonificados ao 50 %

G24.gal 02/04/2023 10:49

Renfe emitiu en Galicia 65.794 abonos gratuítos ou bonificados ao 50 % para os desprazamentos de viaxeiros recorrentes entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril de 2023 en servizos de proximidade de ancho métrico, de media distancia e de Avant.

O operador ferroviario indica que, do total de títulos, 65.632 son para viaxar gratis en trens de media distancia e proximidade de ancho métrico.

E para os desprazamentos nos trens Avant que unen Ourense con Zamora, A Gudiña e Sanabria, emitíronse 162 abonos cun desconto do 50 %.

No conxunto de España Renfe expediu 2.160.000 títulos, gratuítos para proximidades e media distancia, e bonificados ao 50 % para Avant, tras aprobar a medida o Goberno de España o día 27 de decembro.

A compañía tamén anunciou que os usuarios xa podían adquirir desde o sábado 1 de abril e durante todo o período de vixencia os abonos gratuítos de proximidade e media distancia para viaxar entre o 1 de maio e o 31 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade