Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados tres mariñeiros que navegaban en Porto do Son tras envorcar a súa lancha

Rescatados tres mariñeiros que navegaban en Porto do Son tras envorcar a súa lancha

Os implicados quedaron ilesos e foron trasladados ao centro de saúde

Dous dos tripulantes foron rescatados pola embarcación de Salvamento, mentres que o outro foi recollido polo pesqueiro Prajo Primeiro

G24.gal 29/01/2024 13:05

Tres persoas foron rescatadas este luns en Basoña, Porto do Son (A Coruña), tras envorcar a lancha na que navegaban. Pasadas as 10,00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa, que solicitaba asistencia urxente tras envorcar a súa embarcación nesta zona. Este aviso foi o que facilitou a intervención de Salvamento Marítimo polo que ningún resultou ferido.

Indicaba que eran tres tripulantes, que se mantiñan agarrados no casco da lancha, e requirían axuda canto antes. Con esta información, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios, neste caso, Salvamento Marítmo e Servizo de Gardacostas de Galicia.

Dous dos tripulantes foron rescatados da auga pola embarcación de Salvamento, que se encargou tamén do remolque da lancha danada, mentres que o outro foi recollido polo pesqueiro Prajo Primeiro, que xa protagonizara un rescate similar na mesma zona no ano 2020. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade