Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan dous homes perdidos no monte en Avión e na Estrada

Rescatan dous homes perdidos no monte en Avión e na Estrada

Un septaxuenario saíu da vía cando volvía para a súa casa de Barroso, en Avión, e perdeuse no monte ao saír do coche, localizárono máis de tres horas despois con hipotermia

Na Estrada, o condutor desorientouse e acabou nunha pista forestal, conseguiron atopalo ás catro e media da madrugada

G24.gal 19/12/2024 14:13

Os montes galegos foron nas últimas horas escenario de dous rescates, en concreto nos concellos da Estrada e de Avión.

Dous homes, de 80 e 70 anos, desorientáronse cando circulaban co coche por pistas forestais. Ambos perdéronse neses dous municipios, case de xeito simultáneo. A rápida actuación dos equipos de emerxencias foi clave para atopalos e rescatalos con vida. 

Varado nesta carballeira quedou o todo terreo do septuaxenario. Ía para a súa casa na aldea de Barroso cando pola falta de visibilidade non colleu ben a curva e foise da estrada. Quedou ileso pero desorientouse ao saír do coche.

Perdido no monte chamou un veciño que alertou o 112. Na súa busca participaron o GES de Avión, a Garda Civil, voluntarios e veciños.

Á mesma hora na Estrada buscaban tamén desesperadamente outro home que se perdeu cando paseaba co seu coche, acabou nunha pista forestal, ao baixar do coche caeu e non se podía levantar.

Dous sucesos moi semellantes a un tempo en dous concellos diferentes. Que facer nestes casos? Desde emerxencias din que o primeiro chamar ao 112, non moverse do coche que ten que estar coas luces acendidas.

Ao da Estada localizárono en bo estado ás 4:30 da mañá. Ao veciño de Avión atopárono con hipotermia tras máis de tres horas de busca. Foi trasladado na ambulancia ao hospital, pero está fóra de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade