Cargando resultados...
Rescatan unha persoa que caeu ao mar en Oleiros
Rescatan unha persoa que caeu ao mar en Oleiros
Conseguiron sacalo da auga á altura de Seixo Blanco
G24.gal
12/03/2024 19:16
A embarcación Salvamar Betelgeuse, de Salvamento Marítimo, rescatou este martes unha persoa nas proximidades de Seixo Blanco.
A persoa caera ao mar en Cabo de Mera. Estaba consciente e conseguiu manterse na superficie. Foi un amigo o que alertou do accidente o 112.
Unha ambulancia trasladouno ao Complexo Hospitalario da Coruña.
🔴 Unha persoa caeu ao mar
— 112Galicia (@112Galicia) March 12, 2024
📍 en Cabo de Mera, #Oleiros
➡️ Estivo consciente e mantívose a flote
➡️ Un amigo chamou ao 112 para pedir axuda
🚨 @salvamentogob, @GardacostasGal, Emerxencias Oleiros, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, @guardiacivil https://t.co/890AHbrSck