Retiran lixo do monte no Viso en Redondela
Retiran lixo do monte no Viso en Redondela
Queren evitar que o monte se converta nun vertedoiro
Son cazadores de lixo, aquí teñen o seu particular mapa do tesouro cos puntos sensibles onde a xente adoita guindar refugallos, sempre a carón dunha pista. Desde a comunidade de montes queren atallar este costume que non entenden ben, xa que hoxe en día é máis doado deixar o lixo no seu sitio.
No Viso apareceron carcasas de ordenador, salpicadeiros, plásticos ou entullo. Noutras zonas apareceron pneumáticos. Precisamente evitar pagar as taxas ou a recollida dalgún material contaminante poden ser as causas desta conduta incívica que é máis perniciosa do que pensamos.
Os últimos achados xeraron tal nivel de desesperación entre os comuneiros que mesmo pensaron en pechar as pistas ou poñer cámaras de vixilancia no monte.